©2020 IB URBAN DANCE STUDIO

Un espazo para crecer e crear

IB URBAN DANCE STUDIO, primeira escola que impulsou á mocidade de Santiago de Compostela na formación das danzas urbanas e experimentais. Con mais de dez anos de experiencia e formando actualmente a 200 alumnos ofrecemos formación para todas as idades e niveis dende os tres anos ata adultos, de nivel incial a profesional. Os nosos instructores certificados e altamente capacitados contan con experiencia técnica e pedagóxica, e están en continua formación nos diferentes estilos e disciplinas de danza.

" Temos paixón pola danza e contemplámola como unha forma de arte e expresión."

En IB somos guías da túa formación, o noso ambiente é cercano, familiar e cheo de valores. Queremos guiarche a descubrir a túa esencia.

A súa fundadora, Iria Barona, artista multidisciplinar premiada con diferentes premios nacionais como coreógrafa, leva a parte creativa da escola así como as clases de improvisación e a compañía profesional de danza.

Está a desenvolver diferentes proxectos artísticos e educativos dentro do estudo e fora con obxectivo de potenciar unha sociedade creativa. "O meu propósito é facer crecer o estudo deixando un oco onde mesturar as artes, onde alumnos, profesores e artistas convidados convivamos e compartamos por igual, nun ambiente respectuoso e libre, un espazo para crecer e crear."

CONTACTA:

 

881 162 378

info@ibdancestudio.es

 

 

LOCALIZACIÓN:

Avd. de Lugo 173 baixo

Santiago de Compostela

HORARIO DE RECEPCIÓN:

De Luns a xoves de 18:00 a 20:30

 

REDES SOCIAIS:

  • Instagram
  • YouTube
  • Facebook

4/8

CLASES

Ademais do horario semanal organizamos talleres fora de horario que anunciamos nas nosas redes sociais, así como formacións de verán.

horario def IB jpg.jpg

crianzas

DANZAS URBANAS (Traballo de técnica, improvisación e coreografías)

3-5 ANOS - martes 18:00-19:00

5-8 ANOS - martes 18:00- 19:00 (segundo día por definir)

8-12 ANOS (NIVEL 1 OU 2) - luns e mércores 18:00- 19:00

BREAK DANCE: Luns de 19:30 a 20:30

+13 e adultos

TÉCNICA DE DANZAS URBANAS:

NIVEL 1 - Luns ou Martes de 19:00 a 20:30

NIVEL 2 - Martes de 19:00 a 20:30

NIVEL 3 - Luns de 19:00 a 20:30

NIVEL 4 - Luns de 20:30 a 22:30

COREOGRAFÍAS DE ESTILOS URBANOS (ALL STYLES)

NIVEL 1 (PRINCIPIANTE) - Xoves de 17:00 a 18:00 ou de 18:00 a 19:00

NIVEL 2 (INTERMEDIO) - Xoves de 18:00 a 19:00

NIVEL 3 (AVANZADO) - Martes de 20:30 a 21:30

IMPROVISACIÓN E CREATIVIDADE ARTÍSTICA  - Venres de 16:00 a 18:00

ACROBACIAS PARA DANZA - Xoves de 17 a 18 e de 19:00 a 20:30

IOGA - Xoves de 19:00 a 20:30 e de 20:30 a 22:00

ADESTRAMENTO FÍSICO PARA DANZA - Venres de 18:00 a 19:00

ALUGUER DE SALAS

No noso estudo contamos cun espazo de 400m2 adicados a ti.

Tres salas multiusos :

Noho ou sala noite, totalmente negra inspira concentración e misticismo (110m2).

Sibuya ou sala día, de cor branca  (90m2).

Bronx pequena sala con estilo urbano e divertido de 40m2.

Sala  vento, adicada a estiramentos libres, un espazo para adicarte a ti.

Sala de estudo, pequeno cuarto onde poderás estudar ou traballar de forma libre.

Distrito arte: Sala taller para alumnado e profesores adicada a traballar proxectos individuais de artes mixtas ou talleres artísticos.

Vestiario e baños: Espazo unisex.Todas somos iguais, todas convivimos xuntas.

CONTRATACIÓN PROFESIONAL de bailaríns ou coreógrafa

PARA O ALUGUER DE ESPAZOS, CONTRATACIÓN DA COMPAÑÍA PROFESIONAL, BAILARÍNS OU SERVIZO DE COREÓGRAFA.

 

CONTACTAR : direccion@ibdancestudio.es / 617258955 (Iria Barona)

Este página web se diseñó con la plataforma
.com
. Crea tu página web hoy.
Comienza ya